| Informe Semanal do 30 de Xaneiro de 2012 | ![]() |
![]() |
|
TARXETA DA CONSTRUCIÓN
CHARLA-COLOQUIO SOBRE TARXETA DE CONSTRUCIÓN
DÍA: 9 FEBREIRO
HORA: 20:00
LUGAR: AUDITORIO
PRAZO: 10 de febreiro de 2012.
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e BBVA seleccionan monitores/as para a Ruta Quetzal BBVA 2012. Requisitos: – Ter entre 22 e 30 anos.
- Titulación universitaria superior.
- Posuir o titulo de socorrista acuático e terrestre.
Prazo: 16 de febreiro de 2012
A expedición percorrerá Colombia e España do 19 de xuño ao 23 de xullo de 2012, pero os monitores/as seleccionados desenvolverán a súa actividade como voluntariado de forma intensiva e continua dende o 18 de xuño ata o 30 de xullo de 2012.
Máis información en http://
| Xuventude en Acción 2012 | ![]() |
![]() |
O Instituto da Xuventude convoca axudas de carácter plurianual correspondentes ao ano 2012 a proxectos no marco do Programa de acción comunitario «A xuventude en acción».
Contías: O programa de acción comunitario «A xuventude en acción» ten por obxecto desenvolver a cooperación no ámbito da xuventude na Unión Europea, cos seguintes obxectivos xerais: Requisitos para solicitar a subvención e formas de acreditación. As solicitudes deberán ser cumpridas e enviadas de forma electrónica de acordo cos modelos que figuran na dirección de Internet: http://www.juventudenaccion.injuve.es. Para completar a solicitude, será necesario imprimir e asinar unha copia en formato papel e dirixila á Dirección Xeral do Instituto da Xuventude Prazos: Máis información no BOE do 11 de xaneiro de 2012 e en www.juventudenaccion.injuve.es |
ene 13
Publicado por Bego en Noticias | Sen comentarios
| Roteiros de inverno: programa de saídas de fin de semana | ![]() |
![]() |
O próximo 17 de xaneiro abre o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle permita acceder a un tempo libre de calidade.
Ofértase un total de 336 prazas, 96 no Albergue Xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña) e 240 no Aeródromo da Fervenza – Pazos no Concello de Mazaricos (A Coruña), entre os meses de febreiro e marzo. Un total de oito fins de semana onde a oferta de actividades é variada: dende windsurf e barco escola, piragüismo, rappel, escalada en rocódromo ata kaiak, paintball e navegación en cruceiro. O paquete de actividades inclúe veladas temáticas (náutica e medieval, respectivamente). |
ene 13
Publicado por Bego en Emprego, Noticias | Sen comentarios
| Acreditación de competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral | ![]() |
![]() |
A Consellería de Educación convoca procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Requisitos: Administración e xestión: CM Xestión administrativa. Electricidade e electrónica: CM Instalacións eléctricas e automáticas. CM Instalacións de telecomunicacións Enerxía e auga: CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica Fabricación mecánica: CM Soldadura e caldeiraría Hostalaría e turismo: CM Cociña e gastronomía CM Servizos en restauración CS Xestión de aloxamentos turísticos: Industrias alimentarias: CM Aceites de oliva e viños Madeira, moble e cortiza: CM Carpintaría e moble Química: CS Laboratorio de análise e control de calidade Sanidade: CM Emerxencias sanitarias CM Farmacia e parafarmacia Servizos socioculturais e á comunidade: CS Educación infantil Téxtil, confección e pel: CM Confección e moda Transporte e mantemento de vehículos: CM Electromecánica de vehículos automóbiles O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012. |
| Axuda complementaria do Programa Erasmus | ![]() |
![]() |
A Consellería de Educación convoca axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes seleccionados polas universidades do Sistema Universitario de Galicia ou polos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2011/2012.Requisitos: a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado. b) Estar matriculado no curso 2011-2012 en calquera das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico. c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza. A duración mínima da estadía deberá ser de tres meses e a máxima que se computará para os efectos de concesión de bolsa de nove meses. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de xaneiro de 2012. Máis información no DOG do 27 de decembro de 2011 e en www.edu.xunta.es |
ene 5
Publicado por Bego en Noticias | Sen comentarios
| Creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais | ![]() |
![]() |
A Consellería do Medio Rural convoca axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais.Consideranse microempresas, aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria estará aberto ata o 5 de febreiro de 2012. Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2012 e en http://mediorural.xunta.es |
Te encuentras en los archivos de la categoría Noticias.
Asociación Cultural e Xuvenil
info@aeira.es