http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19481
Archivo por categoría Noticias
CAMPOS DE TRABALLO
may 4
ADVENTURE CAMP
may 2
ESCOLA DE ESCALADA LUG2
may 2
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO “IMAXES CON FONDO”
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE. 2012.
1. PARTICIPANTES
Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 13 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Haberá dúas categorías:
- Dos 13 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil
- A partir dos 18 anos: categoría adultas/os
2. TEMÁTICA DO CONCURSO
Os traballos deberán axustarse ás temáticas propostas, que son as seguintes:
Para a categoría xuvenil: A solidariedade dá sentido ás nosas vidas.
A solidariedade é un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e entre as persoas dunha mesma sociedade. É tamén un dos piares centrais da cooperación internacional, mais non é necesario participar directamente nos proxectos do sur para poñer en práctica a nosa solidariedade. A solidariedade é dar apoio e comprensión ante as dificultades que pode ter outra persoa, dende o respecto, a igualdade e o desinterese, sendo conscientes de que podemos influenciarnos entre todas as persoas dun xeito positivo. Ao solidarizarnos implicámonos na resolución dos problemas do noso contorno , contribuíndo á construción dun mundo en paz, máis xusto e equitativo. Cada día preséntanse oportunidades para practicar a solidariedade con quen nos rodea, como por exemplo: Acompañar a unha persoa maior que vive soa, reciclaxe de residuos, contribuír nas tarefas domésticas, axudar a un compañeiro/a cos deberes, respectar o medio ambiente, ceder o asento do autobús a unha embarazada, respectar as normas de circulación para evitar accidentes, tratar de frear burlas ou ofensas contra outras/os compañeiras/os da clase, etc.
As/os concursantes que entren dentro desta categoría deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade. Ademais de reflectir imaxes da solidariedade cotiá tamén poderán achegar imaxes de mobilizacións ou actividades que se dean no seu concello en torno a este principio.
Para a categoría adultas/os: Cambia, reivindica e constrúe.
No contexto actual de globalización observamos na nosa sociedade innumerables prácticas que a simple vista poden resultar inofensivas, pero que pola contra van acompañadas de efectos nefastos para os pobos do sur e para o noso propio. Seguindo os informes do PNUD, aproximadamente o 20% da humanidade aproveita e explota o 80% dos bens da terra, mentres que o 80% restante deben repartirse menos do 20% dos bens. O desigual reparto de riquezas continúa a perpetuar as iniquidades entre os países do norte e do sur. Crear conciencia social sobre os efectos perversos da globalización e sobre os actos que levamos a cabo na nosa sociedade é un acto de xenerosidade, mais tamén de creación dunha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións, as inxustizas, e as malas prácticas adquiridas e xa normalizadas que obstaculizan o desenvolvemento humano tanto no norte coma no sur.
As/os concursantes desta categoría deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta. Algúns exemplos poderían ser: consumo de enerxía, explotación laboral, racismo, prostitución de inmigrantes, narcotráfico, comercio “inxusto”, malas prácticas empresariais, quecemento global, consumismo, etc.
3. PRESENTACIÓN DAS OBRAS AO CONCURSO
As/os concursantes poderán facer entrega dos seus traballos entre o 15 de abril e o 15 de outubro de 2012.
As fotografías e documentos requiridos para concursar enviaranse por correo electrónico ao enderezo imaxesconfondo@yahoo.es . A xeito de acuse de recibo, a Secretaría Técnica do Fondo Galego responderá cunha mensaxe de correo electrónico confirmando a recepción. Ata que non reciba esta mensaxe, a persoa solicitante non poderá dar por feita a súa participación.
3.1 PRESENTACIÓN E ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS:
As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp. A imaxe poderá ocupar 5MB como máximo.
Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada unha.
Admítense fotografías en cor e en branco e negro.
Cada fotografía presentada a concurso nomearase co pseudónimo da autora ou autor seguido do número da fotografía (1, 2 ou 3) máis a extensión do ficheiro. Por exemplo: bolboreta1.JPG, bolboreta2.JPG.
No caso das series fotográficas, estas serán nomeadas co pseudónimo da/o concursante seguido da palabra ‘serie’ xunto co número da mesma (1, 2 ou 3) máis o lugar que ocupa a fotografía na serie (1, 2 ou 3). Por exemplo: bolboretaserie11.JPG, bolboretaserie12.JPG, bolboretaserie13.JPG.
Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías retocadas dixitalmente, se ben serán admitidas as fotografías con axustes de brillo, contraste e cor empregados para mellorar a calidade da imaxe.
As imaxes deben ser inéditas e exclusivas do/a autor/a. Non se admitirán, polo tanto, obras que se teñan presentado a outros concursos ou que teñan recibido premios anteriormente.
A/o concursante garante ser a/o única/o titular dos dereitos de autor sobre as fotografías presentadas e faise responsable de calquera tipo de reclamación, eximindo á organización de dita responsabilidade.
As/os concursantes certifican que dispoñen dos dereitos de imaxe das persoas identificadas ou identificables e eximen ao Fondo Galego de calquera responsabilidade que puidera derivarse como consecuencia da non obtención destes correspondentes permisos.
No caso de que aparezan menores de idade as/os concursantes deberán dispoñer da correspondente autorización da nai ou pai ou do/a do titor/a legal.
O Fondo Galego garante ás/aos autoras/es o respecto absoluto aos seus dereitos conforme a lexislación vixente.
As/os concursantes non poderán exhibir as fotografías presentadas ao concurso a través dos diferentes medios de comunicación e redes sociais antes do fallo do concurso.
3.2 PRESENTACIÓN E ENVÍO DA INFORMACIÓN REQUIRIDA:
Documento de texto “FOTOS”: este documento deberá nomearse co pseudónimo da/o concursante seguido da palabra “fotos”. Por exemplo: bolboretafotos
Deberá conter a seguinte información:
- Pseudónimo da/o concursante
- Título de cada fotografía, asociado ao nome que leve o arquivo fotográfico, ou título de cada serie, vinculado ao número de fotografías que o compoñen.
- Breve descrición de cada obra (TWEET), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto.
- Lugar de realización de cada unha das fotografías ou series.
Documento de texto “DATOS PERSOAIS”: este documento deberá nomearse co pseudónimo da/o concursante seguido de “datos persoais”. Por exemplo: bolboretadatospersoais.
Deberá conter a seguinte información:
- Nome e apelidos.
- Data de nacemento.
- Domicilio, código postal e poboación.
- Teléfono de contacto e enderezo electrónico.
- En caso de ser menor de idade, autorización asinada con DNI da/o nai/pai ou titor/a.
3.3 DEREITO DE EXCLUSIÓN
A organización resérvase o dereito de exclusión:
- cando se incumpran as presentes bases
- cando se inscriban datos falsos na ficha de inscrición
- cando de forma fraudulenta manipulen a participación
- cando as fotografías poidan considerarse contrarias aos dereitos e liberdades fundamentais
Os documentos de texto nos que se indiquen os datos persoais da/o concursante será arquivado pola Secretaría Técnica do Fondo Galego e en ningún caso as persoas que compoñen o xurado terán acceso aos mesmos ata unha vez decidido cales son as fotografías gañadoras. A Secretaría Técnica do Fondo Galego será a única responsable do ficheiro de datos. Seguirase minuciosamente a normativa vixente sobre a protección de datos de carácter persoal (Lei 15/1999).
4. XURADO E SELECCIÓN DE GAÑADORAS/ES
Participar no concurso implica aceptar estas bases e a inapelable decisión do xurado, que estará composto por sete persoas:
- Representante da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Representante Coordinadora Galega de ONGD.
- Técnica/o dalgún concello e/ou deputación integrada no Fondo Galego.
- Catro representantes de prestixio do mundo da fotografía e/ou artes plásticas.
Calquera continxencia non contida nas bases pode ser resolta pola entidade organizadora.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desenténdese de calquera controversia.
5. ENTREGA DE PREMIOS
Haberá un premio por categoría. Os premios serán os seguintes:
- Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.
- Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos nosos proxectos en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración. O uso de ditas fotografías quedará cedido ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que poderá empregalas para realizar calquera actividade sen fins lucrativos, citando sempre ao/á autor/a das obras. Tamén poderá difundilas polas súas canles de comunicación habituais (boletín, web). A persoa premiada asinará un documento de cesión de dereitos de reprodución das imaxes que debe achegar tras a viaxe.
O fallo do concurso farase público no mes de novembro de 2012 a través da páxina web do Fondo Galego www.fondogalego.org. Con anterioridade comunicaráselle individualmente ás persoas premiadas.
Se o xurado o estimase oportuno algún dos premios podería quedar deserto.
A entrega de premios será realizada no mes de novembro de 2012, durante as VII Xornadas anuais de cooperación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (está por decidir o lugar e o día concreto).
As persoas premiadas cederán ao Fondo Galego os seus dereitos para a utilización das mesmas polas súas canles de comunicación habituais, sempre sen fins lucrativos.
Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .
http://www.fondogalego.org/web/bases_do_concurso_imaxes_con_fondo

![Cartaz_Catoira_Xornadas_Perspectivas[1]](http://www.aeira.es/wp-content/uploads/2012/05/Cartaz_Catoira_Xornadas_Perspectivas1-211x300.jpg)




